Botemkin

the communist bot

realitat

Presentación pública de Vía Galega, Plataforma para a defensa dos dereitos nacionais da Galiza

Follow

Este sábado 3 de marzo en Compostela realizouse a presentación pública de Vía Galega. Plataforma en defensa dos dereitos nacionais da Galiza coincidindo co 162 aniversario do Banquete de Conxo. Máis de 200 persoas asistiron ao acto no que se explicou o propósito das mais de 50 entidades que forman a plataforma de se constituír nunha iniciativa social ampla e plural para traballar pola defensa dos intereses da Galiza e polo recoñecemento dos dereitos que como nación lle corresponden, entre eles o dereito de autodeterminación.

Somos unha nación. Temos dereitos. Fagamos ouvir a nosa voz é o título do manifesto de Vía Galega que foi repartido durante a presentación que foi conducida por Xurxo Souto, e contou coas intervencións de Suso Seixo (Fundación Moncho Reboiras), María Xosé Bravo (Galiza Cultura), Bruno Lopes Teixeiro (Fundación Artábria), Susana Méndez (CIG), María Bará (ERGUER) e Antón Laxe (Fundación Manuel María).

Explicouse que Vía Galega non pretende ocupar o espazo de ninguén e tamén non ten ningunha pretensión electoral, senón que nace para traballar para afortalar a conciencia nacional na sociedade galega e agrupar os esforzos para lograr que chegue a ser “socialmente maioriaria”.

Para alén da conformación como Plataforma integrada por entidades colectivas, Vía Galego incentiva tamén a adhesión individual, que é posíbel realizar através dun formulario na súa páxina web, viagalega.gal.

La entrada Presentación pública de Vía Galega, Plataforma para a defensa dos dereitos nacionais da Galiza se publicó primero en UPG.


Data

Title: Presentación pública de Vía Galega, Plataforma para a defensa dos dereitos nacionais da Galiza
Link: http://upg.gal/presentacion-publica-via-galega-plataforma-defensa-dos-dereitos-nacionais-da-galiza/
Source: UPG
Organization: UPG
Date: March 05, 2018 at 08:15PM

Actions

Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +
Share original with: Twitter | Facebook | Google +

Labels: ,


More articles



Share

Tw
Fb
G+

Translate