Botemkin

the communist bot

realitat

[Vigo] Unísono, en conflito despois de aprobarse unha aplicación de xestión das vacacións

Follow

Share

Unísono é unha das empresas máis grandes coas que conta Vigo actualmente, con preto de 1000 traballadoras repartidas en 3 centros na localidade e 6000 por todo o estado e cunha facturación superior aos 120 millóns no pasado curso. Presta servizos de telemarketing subcontrados para empresas tan variadas coma ING, Naturgy, Danone e Bein Sports entre outras.

Malia ter o convenio aprobado ata o 31 de decembro de 2019 a empresa incumple constantemente coas súas obrigas. Así, temos casos de falta de limpeza dos filtros dos condutos de aire acondicionado, de uso de produtos de limpeza que provocan reaccións alérxicas ás traballadoras, chegando nalgún caso a ter que pasar por urxencias, a aparición dunha fauna de insectos, pulgas, cucarachas, chinches, etc. en diversas ocasións.

Agora a empresa quere implementar unilateralmente un software para a xestión das vacacións das traballadoras, polo que nos entrevistamos con unha traballadora que nos explica o seguinte:

Pregunta: Actualmente estades nun conflito aberto coa empresa debido a que está vos impuxo o uso dunha nova aplicación, en Yunity, para a xestión das vacacións, sen notificación previa ao comité de empresa. Como vos enterachedes deste cambio? Recibichedes algunha formación acerca do uso da mesma? Tendes información sobre as limitacións que imporá a mesma na selección das datas?

Resposta: A empresa hai uns meses comunicou ó Comité de Empresa que as vacacións para o ano 2019 ós traballadores tiñan que solicita-las só pola aplicación de Yunity. Iso non sorprendeu ó Comité de Empresa nin os traballadores senón que a empresa non lle comunicara previamente ó Comité de Empresa o procedemento e non lle dera prazo para facer nen sequera un informe coma requiere a lexislación laboral. Nin ó Comité de Empresa nin os traballadores saben coma funciona esta aplicación e presenta moitas dúbidas. Dúbidas como unha traballadora que quere disfrutar unha semana de vacacións no período non estival antes do verán e outra despois do verán tamén no período non estival non ten opción de comunicarlle a empresa a intención.

O Comité de Empresa ao igual que as traballadoras enterouse polo comunicado colgado na aplicación Yunity o día 21 de setembro tres días antes de abrir o prazo para solicitar as vacacións.

O normal sería que a empresa nos dera unha formación previa de como solicita-las con exemplos cousa que non se dignou nin sequera a colgar un manual de instruccións completo soamente de como acceder a mesma, o resto e cousa nosa ti accedes e cubres.

Esta aplicación Yunity non sabemos como funciona e non sabemos as limitacións coa mesma a empresa tememos que a utilizara o seu beneficio cando hai pouca carga dará as vacacións e cando haxa moita carga limitará moito o disfrute das vacacións. Podería ser unha aplicación perigosa para os intereses das traballadoras ( dereito de conciliación familiar) e moi útil para os intereses da empresa e os seus amplios beneficios económicos.

P: Tras isto o comité de empresa convoca paros en tódolos turnos. Que accións tendes plantexadas realizar?

R: O Comité de Empresa al igual que as traballadoras está canso de abusos, incumplimento de leis coma o Estatuto dos Traballadoras, ó Convenio Colectivo, acordos có Comité de Empresa de Vigo. A paciencia que tivemos foi moita e chegou a hora de tomar medidas como estos paros.

O día 9 de outubro teremos duas concentracións de delegados sindicais (unha de mañán e outra de tarde) na que os traballadores sumarémonos ás mesmas nos nosos descansos e pausas de 5 minutos.

Hai traballadoras de turno de mañán, tarde e horario partido que son poucos neste horario. Para o día 16 de outubro convocánse dous paros un pola mañán e outro pola tarde. Estos paros están moi ben preparados xa que para moitas traballadoras estos paros coinciden coas suas dúas últimas horas da súa xornada habitual de traballo.

Alí estaremos coas bandeiras dos sindicatos convocantes, pitos e a berrar. Xa veremos se hai acordo antes na reunión do día 11 de outubro coa empresa que parece improbable.

P: Ademais é ben coñecido que tendes problemas na xestión da hixiene da sala de traballo. Dende pulgas, alerxias derivadas do uso de produtos de limpeza, e problemas co aire acondicionado por falta de limpeza dos filtros, entre outras. Como afrontades esta situación a nivel persoal e colectivo?

R: No mes de setembro a CGT enviou unha carta a empresa coa firma de moitas traballadoras denunciando a situación do centro de Vigo 1 e a empresa non fixo caso a mesma.

Tampouco fixo nada despois de tantas reunións cós sindicatos e coa empresa de limpeza. Soamente deu órdenes de limpiar os tres centros pola noite. Nalgúns aspectos mellorouse a cousa no tema da limpeza dos postos de traballo pero non nos baños ou no vending.

No tema do aire acondicionado a cousa está igual.

No tema das picaduras o problema segue aunque o número de afectados pola mesma reduciuse. Aínda así cando somos atacados avisamos a un delegado sindical para que saque unha fotografía da picadura e tamén a un mando para que abra unha incidencia (EVO).

Houbo cambios pero non nos conformamos con isto.

P: O vindeiro día 11 teredes a reunión coa empresa para exixir solucións a estés problemas. Cal pensades que será a sua resposta?

R: Non temos moita confianza nesta reunión xa que a empresa irá con boas intencións e boas palabras.

A empresa últimamente amosa pouco interés polo diálogo e pola negociación pese os requerimentos que ten da Inspección de Traballo que tampouco lle fai moito caso.

Quizais podería ocurrir que algún sindicato intente negociar coa empresa e se poda desmarcar dos paros. Xa veremos o que ocurre estos días…..

Sen máis, agrederche o teu tempo e desexarvos sorte nas negociacións.

Share


Data

Title: [Vigo] Unísono, en conflito despois de aprobarse unha aplicación de xestión das vacacións
Link: http://www.pcgalicia.org/index.php/2018/10/09/vigo-unisono-en-conflito-despois-de-aprobarse-unha-aplicacion-de-xestion-das-vacacions/
Source: Partido Comunista de Galicia
Organization: admin
Date: October 09, 2018 at 09:08AM

Actions

Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +
Share original with: Twitter | Facebook | Google +

Labels: , ,


More articles



Share

Tw
Fb
G+

Translate