Analizando a información publicada e posicionamentos diversos, parece deducirse que a responsabilidade do accidente do Marisquiño non sexa atribuible principalmente á entidade organizadora do evento, dado que fallou unha infraestructura da que non é responsable e da que sí son responsables as autoridades portuaria ou municipal.
A responsabilidade de cada unha destas administracións terá que dirimirse no ámbito administrativo ou no xudicial, pero pola nosa parte valoramos que ambas administracións teñen responsabilidade política, dado que tanto a Autoridade Portuaria, como o Concello de Vigo estaban obrigados a revisar técnicamente o estado das instalacións que cederon ou que recibiron e ningunha delas o fixo adecuadamente.
No caso do presidente da Autoridade Portuaria, consideramos que o asunto cobra maior gravidade, por ser o titular da instalación, pertencente ó Ministerio de Fomento. Dado que gastou as súas enerxías na teima privatizadora dos servizos do porto e na inquina contra os traballadores da estiba, porque parecíalle que cobran de máis, había xa motivos suficientes para pedir o seu cese, pero agora, tralo sinistro do Marisquiño, temos un argumento máis.
O ministerio de Fomento debe cesar de inmediato ao presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.
Data
Title: O PCG PIDE O CESE DO PRESIDENTE DA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGOLink: http://www.pcgalicia.org/index.php/2018/09/06/o-pcg-pide-o-cese-do-presidente-da-autoridade-portuaria-de-vigo/
Source: Partido Comunista de Galicia
Organization: admin
Date: September 06, 2018 at 09:00PM
Actions
Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +Share original with: Twitter | Facebook | Google +
Labels: Galicia, Partido Comunista de Galicia, Parties
