O Partido Comunista de Galicia denuncia o despilfarro dos gastos en concepto material invertidos nas rúas de Vigo tras a firma dun contrato cunha empresa no cal gastaránse 4,5 millóns de euros en só o aluguer de luces do nadal. Parécenos excesiva a cifra gastada, inda que sexa en varios anos, nunha cidade cun 21 por cento de pobreza familiar. Na que temos por solucionar problemas máis acuciantes como a escaseza de comedores e albergues sociais, ou as deficiencias nos colexios públicos e o transporte.
O Partido Comunista de Galicia tamén denuncia a instalación das luces do Nadal nas fachadas dos edificios sen autorización das comunidades de veciños. Outro ano máis denunciase este abuso de poder e volven as queixas de veciños. Así mesmo unha empresa subcontratada perfora as fachadas sen aviso previo.
Así outra vez o sistema capitalista viola os dereitos das persoas e a inviolabilidade da propiedade privada que tanto defenden os políticos máis liberais. O único fin que ten o alcalde e ó de revalidar a maioría absoluta que por desgracia ten nas vindeiras eleccións municipais.
Data
Title: O PCG denuncia o despilfarro do concello de Vigo coas luces do nadalLink: http://www.pcgalicia.org/index.php/2018/09/26/o-pcg-denuncia-o-despilfarro-do-concello-de-vigo-coas-luces-do-nadal/
Source: Partido Comunista de Galicia
Organization: admin
Date: September 26, 2018 at 08:30AM
Actions
Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +Share original with: Twitter | Facebook | Google +
Labels: Galicia, Partido Comunista de Galicia, Parties