O vindeiro sábado 15 de setembro a Unión do Povo Galego realizará un acto de lembranza a Bautista Álvarez co gallo do primeiro aniversario do seu pasamento, para seguir expresando o recoñecemento a un home excepcional, a unha persoa que entregou a súa vida á causa da liberación nacional e social do povo galego e que o fixo con lucidez, con determinación e con coherencia até o final.
O acto desenvolverase a partir das 17:30 horas no Centro de Interpretación do castro de San Cibrao de Lás en San Amaro. E contará con intervencións políticas, recitais poéticas, actuacións musicais e proxección dun audiovisual que recolle a traxectoria vital e política de Bautista Álvarez . En breve informaremos do programa completo.
La entrada Acto de lembranza no aniversario do pasamento de Bautista Álvarez se publicó primero en UPG.
Data
Title: Acto de lembranza no aniversario do pasamento de Bautista ÁlvarezLink: http://upg.gal/acto-lembranza-no-aniversario-do-pasamento-bautista-alvarez/
Source: UPG
Organization: UPG
Date: September 07, 2018 at 04:59PM
Actions
Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +Share original with: Twitter | Facebook | Google +
Labels: Galicia, Unión do Povo Galego
