Botemkin

the communist bot

realitat

A UPG presente na festa do Partido Comunista Alemán(DKP)

Follow

Entre os días 7 e 9 de setembro, e respondendo a un convite realizado polo Partido Comunista Alemán-DKP, o noso partido participou na 20 edición da Festa que organiza o seu semanario, o Unsere Zeit-UZ. A festa que se celebrou na cidade de Dortmund e pola que nos tres días pasaron miles de persoas, contou cun amplo programa de actividades de distinto tipo: concertos, debates, presentacións de libros, encontros de solidariedade.

O noso partido estivo representando polo secretario xeral da UMG Paulo Ríos, quen tivo oportunidade de manter diversas reunións bilaterais co obxecto de informar a outras organizacións presentes da situación política e social en Galiza e da loita do nacionalismo galego. Ademais interveu falando sobre a realidade social e nacional do noso país nun acto aberto ao público celebrado no espazo “Casa Cuba”, acto que contou tamén coa intervención de outras organizacións convidadas de todo o mundo e de representantes diplomáticos cubanos.

Paulo Ríos na súa intervención

No transcurso da festa a UPG  mantivo unha reunión de traballo con membros do Departamento de Relacións Internacionais do DKP, dirixido por Günter Pohl, reunión na que ambos partidos intercambiamos análises ao respecto da situación política internacional e información sobre as loitas nas nosas respectivas nacións, marcándonos como obxectivos facer máis fluído o intercambio de información sobre a actividade política respectiva e ampliar a colaboración.

A presenza na Festa de representantes de 35 partidos comunistas, revolucionarios e progresistas de todo o mundo foi unha boa oportunidade para dar a coñecer a loita do noso povo para obter información de primeira man sobre as diferentes loitas contra o sistema capitalista e o imperialismo ao redor do mundo.

La entrada A UPG presente na festa do Partido Comunista Alemán(DKP) se publicó primero en UPG.


Data

Title: A UPG presente na festa do Partido Comunista Alemán(DKP)
Link: http://upg.gal/upg-presente-na-festa-do-partido-comunista-alemandkp/
Source: UPG
Organization: UPG
Date: September 20, 2018 at 02:05PM

Actions

Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +
Share original with: Twitter | Facebook | Google +

Labels: ,


More articles



Share

Tw
Fb
G+

Translate