Dende o Partido Comunista de Galicia, queremos amosar o noso apoio e solidaridade ás traballadoras e traballadores do sector textil que están en FOLGA o vindeiro día 19 de xullo.
O sector textil é un sector con mais de 8000 traballadores/as e que representa o 7% do PIB en Galicia, polo tanto é un sector clave para Galicia e xerador de riqueza, non así de condicións dignas de traballo, pola contra as/os traballadoras/es do sector cobran uns salarios de 827 euros mensuais e teñen unha xornada de 1799 horas ao ano. Non se corresponde en absoluto a riqueza que crea o sector co reparto da mesma entre as/os traballadoras/es.
As reivindicacións que fan as/os traballadoras/es, e que nos apoiamos, é a implementación do acordo do AENC, que por outra banda a patronal do textil asinou a través da CEOE, no que fala dun salario mínimo de 1400 euros en 14 pagas, xunto coa rebaixa de xornada anual.
Dende o PCG entendemos que esta loita e disputa da plusvalía, en clave de salario e tempo de traballo, é fundamental para avanzar contra o mundo precario e de escravos/as que está a construir o neoliberalismo coa axuda directa das patronais de sectores como o textil, e que dende as organizacións de clase vamos combatir con todas as nosas forzas.
Chamamos dende aquí a toda a xente afectada polo convenio do textil-confección a que se organice e participe da FOLGA o vindeiro xoves 19 de xullo.
¡ADIANTE A FOLGA DO TEXTIL!
¡VIVA A CLASE OBREIRA GALEGA!
Data
Title: APOIO A FOLGA DO 19 DE XULLO DO SECTOR TEXTIL-CONFECCIÓNLink: http://www.pcgalicia.org/index.php/2018/07/18/apoio-a-folga-do-19-de-xullo-do-sector-textil-confeccion/
Source: Partido Comunista de Galicia
Organization: admin
Date: July 18, 2018 at 10:59PM
Actions
Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +Share original with: Twitter | Facebook | Google +
Labels: Galicia, Partido Comunista de Galicia, Parties