A UPG enviou un saúdo ao Partido do Traballo de México, partido co que mantemos relacións de amizade desde hai anos e que integra a coalición “Xuntos faremos historia”, encabezada por Andrés Manuel López Obrador e que gañou as eleccións presidenciais e parlamentarias celebradas en México o pasado domingo.
O texto do saúdo é o seguinte:
ALBERTO ANAYA
PARTIDO DO TRABALLO
DE MÉXICO
Estimado compañeiro:
En nome da Unión do Povo Galego trasladámoslle a vostede e a toda a militancia do Partido do Traballo de México os nosos parabéns polos resultados obtidos o pasado domingo pola coalición Xuntos Faremos Historia nas eleccións celebradas en México.
O triunfo nos distintos ámbitos nos que se celebraban eleccións e a elección de Andrés Manuel López Obrador-AMLO como presidente da república de México, entendemos que son un gran éxito para as clases populares e o conxunto do pobo mexicano e ao tempo son un éxito propio da PT, un partido desde sempre comprometido coa candidatura de AMLO para a presidencia.
Sabemos que teñen vostedes un difícil reto por diante, pero estamos convencidos que a experiencia política da PT, de Morena e de AMLO permitiranlles sortear os obstáculos e paralelamente á posta en práctica das políticas necesarias para construír un novo México empeñaranse na articulación dunha gran alianza social, que lles permita impulsar as transformacións e ao tempo enfrontarse aos sectores reaccionarios que tratarán de impedir que México transite o camiño da soberanía e da xustiza.
Reiterámoslles o noso apoio solidario.
Galiza; 3 de xullo de 2018
Secretaría de Relacións Internacionais
Unión do Povo Galego
La entrada A UPG parabeniza ao Partido do Traballo de México se publicó primero en UPG.
Data
Title: A UPG parabeniza ao Partido do Traballo de MéxicoLink: http://upg.gal/upg-parabeniza-ao-partido-do-traballo-mexico/
Source: UPG
Organization: UPG
Date: July 06, 2018 at 04:52PM
Actions
Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +Share original with: Twitter | Facebook | Google +
Labels: Galicia, Unión do Povo Galego