Botemkin

the communist bot

realitat

Festa do Partido Comunista de Galicia

Follow

Share

O vindeiro sábado día 16, o Partido Comunista de Galicia celebra a súa festa anual no campo da feira de Ourense.

HORARIO E ACTIVIDADES

11.00 horas Apertura das portas

11.15 horas Lectura da declaración política polo 50 aniversario da fundación do PCG

11.45 horas Mesa debate “Municipalismo e Ruptura”. Acompañados por cargos públicos municipais do PCG, EU e de forzas aliadas debateremos sobre os límites e oportunidades para o desenvolvemento da estratexia de ruptura democrática aprobada no XX Congreso dende os concellos e o horizonte da Unidade Popular para este ciclo. Rubén Pérez, concelleiro da Marea de Vigo, Carlos Portomeñe, concelleiro de ACE Lugo, Pilar Díaz, alcaldesa de Mugardos, Montse Valencia, Concelleira de Ourense en Común. Modera Vanessa Angustia, Senadora de En Marea.

13.15 horas Programa en directo de MO Radio “xuventude e loita por unha vida digna”. A través de diferentes experiencias do activismo xuvenil abordaremos os retos para a construción dun proxecto vital para as xeracións presentes e futuras que rache coa precariedade estrutural que afecta á mocidade.

14.30 horas Xantar Popular

16.15 horas Café-musical a cargo do cantautor cubano Orlis Pineda

18.00 horas Mesa “200 anos de Marx. O marxismo no século XXI”. Un espazo para analizar o pensamento do maior expoñente do pensamento revolucionario e a vixencia do marxismo.Participa José Sarrión (PCE CyL). Modera Isabel Sanchez, responsable da Área ideolóxica,

20.00 horas Mitin Político coas intervencións de Eva Solla, secretaria xeral do PCG e Enrique Santiago, secretario xeral do PCE

Share


Data

Title: Festa do Partido Comunista de Galicia
Link: http://www.pcgalicia.org/index.php/2018/06/11/festa-do-partido-comunista-de-galicia/
Source: Partido Comunista de Galicia
Organization: admin
Date: June 11, 2018 at 10:31PM

Actions

Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +
Share original with: Twitter | Facebook | Google +

Labels: , ,


More articles



Share

Tw
Fb
G+

Translate