Botemkin

the communist bot

realitat

A UPG xunto con máis de sesenta partidos comunistas e obreiros de todo o mundo asina unha Declaración de condena a Israel e apoio ao povo palestino

Follow

O texto da declaración, que foi iniciativa do Partido Comunista grego é o seguinte:

Declaración conxunta condenando o ataque asasino do exército israelí contra o povo de Palestina

Os Partidos Comunistas e Obreiros rexeitamos decididamente o ataque do exército israelí en territorios palestinos, na Franxa de Gaza, que provocou un verdadeiro masacre, asasinando a sangue frío a manifestantes desarmados, homes, mulleres e nenos.

A decisión provocadora do goberno de  Trump de recoñecer a Xerusalén como a capital de Israel e trasladar alí a Embaixada dos Estados Unidos, en contra da protesta xeral internacional, desencadeou por completo a agresividade de Israel, que continúa a ocupación ilegal de territorios palestinos e continúa  masacrando ao povo palestino.

Os gobernos dos países que asumen unha postura de distancias iguais, identificando á vítima co  perpetrador do crime, teñen graves responsabilidades; a posición da Unión Europea, que emite un chamamento a “todos os lados para mostrar moderación” mentres se está producindo un masacre organizado do pobo palestino e  a UE está a mellorar as súas relacións co Estado israelí, é inaceptábel.

Os Partidos Comunistas e Obreiros expresamos a nosa solidariedade e o noso apoio ao povo palestino e a súa xusta loita a favor do seu propio estado independente e soberano dentro das fronteiras de 1967, coa súa capital en Xerusalén Oriental. Esiximos o recoñecemento inmediato do estado palestino. Continuamos a nosa loita e chamamos aos povos a fortalecer as súas manifestacións para que cese a intervención militar asasina do exército israelí nos territorios palestinos e revogar a decisión dos EE. UU. de trasladar a súa embaixada en Xerusalén.

 

Enlace: http://www.solidnet.org/article/CP-of-Greece-Joint-Statement-Condemning-the-murderous-attack-of-the-Israeli-army-against-the-people-of-Palestine/

La entrada A UPG xunto con máis de sesenta partidos comunistas e obreiros de todo o mundo asina unha Declaración de condena a Israel e apoio ao povo palestino se publicó primero en UPG.


Data

Title: A UPG xunto con máis de sesenta partidos comunistas e obreiros de todo o mundo asina unha Declaración de condena a Israel e apoio ao povo palestino
Link: http://upg.gal/upg-xunto-con-sesenta-partidos-comunistas-obreiros-todo-mundo-asina-unha-declaracion-condena-israel-apoio-ao-povo-palestino/
Source: UPG
Organization: UPG
Date: May 21, 2018 at 12:13PM

Actions

Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +
Share original with: Twitter | Facebook | Google +

Labels: ,


More articles



Share

Tw
Fb
G+

Translate