Botemkin

the communist bot

realitat

A UPG parabeniza ao novo Presidente cubano Miguel Díaz- Canel con motivo da súa elección

Follow

Con motivo da elección por parte da Asemblea Nacional do Poder Popular de Cuba de Miguel Díaz- Canel como novo Presidente do Consello de Estado da República de Cuba, a UPG enviolle comunicación para trasladarlle o noso saúdo e parabéns pola súa elección- O texto da comunicación é o seguinte:

 

Estimado compañeiro:

Con motivo da súa elección, por parte da Asemblea Nacional do Poder Popular, como Presidente do Consello de Estado da República de Cuba,  quero facerlle traslado do saúdo e dos parabéns do Comité Central e de toda a militancia da Unión  do  Povo  Galego.

A súa elección é un novo paso na heroica loita do seu pobo por manter unha Cuba independente e camiñar na ruta de construción do socialismo. E na importante responsabilidade que vostede vén de asumir toma o relevo de históricos patriotas e revolucionarios como os compañeiros Fidel e Raúl Castro.

Son moitos os retos que Cuba ten por diante, pero estamos certos de que a súa firmeza e o apoio dun pobo comprometido coa súa patria e coa súa revolución, permitirán avanzar cara aos obxectivos marcados.

Pola nosa banda, tendo en conta os históricos lazos que unen aos pobos galego e cubano e a estreita relación entre o  PCC e a  UPG, só queda transmitirlle o noso apoio solidario na nova función que asume.

 

Viva a Solidariedade entre os pobos!

Viva Cuba Socialista!

 

Compostela; 22 de abril de 2018

Néstor Rego Candamil

Secretario Xeral da UPG

La entrada A UPG parabeniza ao novo Presidente cubano Miguel Díaz- Canel con motivo da súa elección se publicó primero en UPG.


Data

Title: A UPG parabeniza ao novo Presidente cubano Miguel Díaz- Canel con motivo da súa elección
Link: http://upg.gal/upg-parabeniza-ao-novo-presidente-cubano-miguel-diaz-canel-con-motivo-da-eleccion/
Source: UPG
Organization: UPG
Date: April 24, 2018 at 11:21AM

Actions

Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +
Share original with: Twitter | Facebook | Google +

Labels: ,


More articles



Share

Tw
Fb
G+

Translate