Botemkin

the communist bot

realitat

O PCG ante o éxito das mobilización do 8 de Marzo

Follow

Share

Este 8 de marzo as mulleres ateigaron e colapsaron as rúas das cidades e vilas galegas, do Estado e do mundo. As mulleres traballadoras saímos a rúa para denunciar a discriminación, a invisibilización e a violencia as que nos somete o sistema capitalista e patriarcal. Saímos a rúa para reivindicar ós nosos dereitos e para berrar que si nós paramos, párase o mundo. Manifestámonos para esixir a igualdade laboral e salarial, para defender os nosos dereitos sexuais e reproductivos, esixir o cese das violencias contra os nosos corpos e para reivindicar a corresponsabilidade e socialización dos coidados e das tarefas do mantemento da vida.

A Folga Feminista desbordou todas as previsións e converteunos nun exemplo e referente mundial nas mobilizacións do 8M. Temos que dar os parabéns a todas as mulleres do noso Partido, do movemento feminista, a todas aquelas mulleres loitadoras e combativas que se organizaron para facer desta xornada de protesta, un día histórico na loita das mulleres pola súa emancipación e pola defensa dos seus dereitos.
Sen todas estas mulleres conscientes, a folga do 8 de marzo nunca chegaría a alcanzar as dimensións tan espectaculares que fixeron do Estado español en vangarda da loita mundial feminista.

Alentamos ás mulleres a continuar coa loita, hasta que a desigualdade e a explotación a que nos somete o sistema, sexan aniquiladas. E animamos aos homes a contribuír activamente para rematar coas discriminacións e desterrar os comportamentos machistas e violentos cara ás mulleres, comprometéndose a renunciar aos seus privilexios e porse ao servizo do movemento feminista na loita pola igualdade e a emancipación de toda a humanidade.

Lugo

Arousa

Ribeirta. Barbanza

Inicio manifestación A Coruña

Chegada á praza de María Pita. A Coruña

Aínda queda un longo camiño por percorrer, pero xa nada será igual despois deste 8 de marzo.

Adiante coa loita da muller obreira!
Adiante coa loita feminista!

Share


Data

Title: O PCG ante o éxito das mobilización do 8 de Marzo
Link: http://www.pcgalicia.org/index.php/2018/03/10/o-pcg-ante-o-exito-das-mobilizacion-do-8-de-marzo/
Source: Partido Comunista de Galicia
Organization: admin
Date: March 10, 2018 at 01:05AM

Actions

Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +
Share original with: Twitter | Facebook | Google +

Labels: , ,


More articles



Share

Tw
Fb
G+

Translate