Sen nós non hai xogo!
10 de marzo, día da clase obreira galega
Un ano máis chega o 10 de marzo, día da clase obreira galega, e un ano máis chega cargado de reivindicacións, pois a precariedade está instalada nas nosas vidas e aféctanos de múltiples xeitos. A desatención da seguridade e da nosa saúde no traballo sitúa a Galicia á cabeza da siniestralidade laboral (3300 accidentes en 2016), sendo a terceira comunidade autónoma con maior número de decesos e a pesca o sector máis afectado. Estrés, mala alimentación ou horarios imposibles provocan accidentes laborais ou enfermidades profesionais fóra do posto de traballo, e a consecuencia deste, mais só en poucas ocasións son recoñecidos como tal. Ademais, as horas extra non pagadas ou a subida nas facturas do fogar (un 6,2% no caso do gas e un 2, 5% no caso da luz, fronte a millóns de beneficio para a empresa) obríganos a vivir nunha precariedade, que como ben sabemos, custa vidas.
Todos e todas nós sufrimos algunha destas formas de precariedade na nosa vida. Mais esta precariedade afecta especialmente ás mulleres: o traballo invisibilizado no forgar, os coidados, o desemprego, os contratos parciais, as dobres e triples xornadas, etc. son as caras dun sistema capitalista que nos explota e dun sistema patriarcal que nos invisibiliza, nos oprime e nos mata. Unha realidade que nos golpea dobremente cada día. Razóns polas que o día 8 de marzo paramos para facer folga, unha exitosa xornada de loita internacional que demostrou que se nós paramos, o sistema desplómase.
Asistimos, asimesmo, ao desmantelamento dos servizos públicos (ensino, sanidade, servizos sociais) que tan necesarios son no noso día a día e que son o resultado de conquistas da clase obreira, conquistas dos e das, agora, xubiladas e pensionistas, que manteñen dende hai meses unha loita incesante en contra desta subida das pensións. Unha subida do 0,25% que fai imposible facer fronte ás facutras á vez que disfrutamos dunha vida digna e con lecer cultural.
As diferentes expresións dos sistemas capitalista e patriarcal atácannos de formas distintas, mais a nosa resposta é clara: sen nós non hai xogo! Coa nosa loita diaria defendemos e conquistamos dereitos, cada día, cada 10 de marzo, orgullo de peón!
11hrs. Ofrenda no Monumento 10 de marzo (Ferrol)
11:30hrs. Saída manifestación ata o Cantón
Data
Title: 10 de marzo, día da clase obreira galegaLink: http://www.pcgalicia.org/index.php/2018/03/09/10-de-marzo-dia-da-clase-obreira-galega/
Source: Partido Comunista de Galicia
Organization: admin
Date: March 09, 2018 at 12:40PM
Actions
Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +Share original with: Twitter | Facebook | Google +
Labels: Galicia, Partido Comunista de Galicia, Parties