No 2014, o 22 de marzo enchiamos as rúas de Madrid co berro “Pan, Traballo e Teito”, unha marcha pacífica e multitudinaria á que se sumaron milleiros de persoas de todo o estado.
O seguimento e participación na mobilización foi un éxito ata que as forzas de seguridade do estado interviñeron de forma represiva e violenta contra as persoas que se manifestaban. O acoso e as detencións indiscriminadas e arbitrarias que se produciron levaron a 24 persoas ao calabozo, onde recibiron un trato propio doutra época máis gris. Entre as detención atopábase o compañeiro Emilio Cao xunto con outras compañeiras que posteriormente resultaron absoltas.
Sen máis probas que as declaracións dos axentes e a do propio Emilio por aquel entón menor de idade, neste mes de marzo terá lugar o xuízo no que se enfronta a 5 anos e 8 meses de prisión por defender un dereito básico. Emilio é acusado de agresión e atentado á autoridade segundo o testemuño dos axentes.
Por todo isto, dende o Partido Comunista de Galicia e a Xuventude Comunista esiximos a absolución do compañeiro Emilio Cao, así mesmo manifestamos a nosa solidariedade e denunciamos a maquinaria represiva que o estado pon en marcha a golpe de decreto e baixo a aplicación dun código penal que criminaliza a mobilización e a reivindicación nas rúas.
Compostela 4 de febreiro de 2018.
Data
Title: RESOLUCIÓN DE APOIO E SOLIDARIEDADE CO COMPAÑEIRO EMILIO CAOLink: http://www.pcgalicia.org/index.php/2018/02/05/resolucion-de-apoio-e-solidariedade-co-companeiro-emilio-cao/
Source: Partido Comunista de Galicia
Organization: admin
Date: February 05, 2018 at 11:20AM
Actions
Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +Share original with: Twitter | Facebook | Google +
Labels: Galicia, Partido Comunista de Galicia, Parties

