Botemkin

the communist bot

realitat

Continúan as actividades do Comité Nacional Galego Ernesto Che Guevara no 50 aniversario do seu asasinato

Follow

Cando se cumpren 50 anos do asasinato do Che o Comité Nacional Galego Ernesto Che Guevara, do que forma parte a Unión do Povo Galego – UPG,  continua a desenvolver unha intensa axenda de actividades para homenaxear ao revolucionario.

Na vindeira semana desenvolveranse dúas interesantes palestras baixo o título “O pensamento do Che”, onde poderemos profundar no seu ideario e nas súas achegas teóricas e doutrinais. Nelas contaremos coa presenza de Carlos Tablada, economista, escritor e pedagogo cubano. Licenciado en Filosofía, Socioloxía e Doutor en Ciencias Económicas. Autor, entre outros, dos libros “El pensamiento económico de Ernesto Che Guevara” e “El marxismo del Che”. Así pois unha extraordinaria oportunidade de coñecer a figura de Ernesto Che Guevara máis alá dos tópicos e imaxes estereotipadas.

As charlas desenvolveranse o día 1 de marzo, quinta feira, ás 20:00 h  na Aula nº 4 da Facultade de Filosofía en Compostela (Praza de Mazarelos) e o 2 de marzo, sexta feira, tamén ás 20:00 h na Libraría Andel de Vigo (Avd. das Camelias 102).

Anunciar tamén que o próximo 9 de marzo, sexta feira, realizarase un Homenaxe Nacional ao Che ás 20:00 horas no Teatro Principal de Compostela. A entrada será libre até completar aforo e onde poderemos gozar de música ao vivo, poesía, intervencións, vídeos … En breve informaremos máis detalladamente do programa deste Festival de Homenaxe co que se pretende pór o ramo ás actividades que durante estes meses se desenvolveron por toda a nación para dar a coñecer a figura deste extraordinario revolucionario.

La entrada Continúan as actividades do Comité Nacional Galego Ernesto Che Guevara no 50 aniversario do seu asasinato se publicó primero en UPG.


Data

Title: Continúan as actividades do Comité Nacional Galego Ernesto Che Guevara no 50 aniversario do seu asasinato
Link: http://upg.gal/continuan-as-actividades-do-comite-nacional-galego-ernesto-che-guevara-no-50-aniversario-do-asasinato/
Source: UPG
Organization: UPG
Date: February 23, 2018 at 12:32PM

Actions

Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +
Share original with: Twitter | Facebook | Google +

Labels: ,


More articles



Share

Tw
Fb
G+

Translate