Botemkin

the communist bot

realitat

O nacionalismo homenaxea a Castelao reivindicando o seu ideario e os dereitos nacionais da Galiza

Follow

Este pasado sábado o Bloque Nacionalista Galego desenvolveu o seu tradicional acto de homenaxe a Castelao co que da inicio ao ano político. Nesta ocasión tomaron a palabra nun ateigado auditorio municipal de Rianxo, Elvira Blanco, responsábel comarcal de Galiza Nova na Barbanza, Adolfo Muiños, alcalde de Rianxo, e Ana Pontón, portavoz nacional do BNG.

Destacou no discurso da portavoz nacional a necesidade de defender os dereitos nacionais da Galiza nun momento político onde o debate político no estado español está centrado nese ámbito, onde cada vez é máis evidente que son as forzas soberanistas as que están a pór en cuestión o réxime da restauración borbónica do 78 e que serán elas as que acaben con el. Nese sentido Galiza corre o risco de ficar desaparecida dada a actitude submisa e españolista do presidente Feixóo, polo que é preciso que sexa o nacionalismo o que manteña viva a bandeira nacional de Galiza o seu dereito á soberanía política. “Son chegadol-os tempos d´erguere a y-alma e o pensamento de Galicia, e sobor todo a súa soberanía, compreta e sin cativeces. N-isto non caben discusións: Galicia ten direito,un direito fundamental, a ser dona ausoluta de si mesma. Con vountade ceibe faremos nupcias d´amore con outras soberanías, contr´as que non vai nin quér ire a soberanía nosa”. Está declaración final da Asemblea Nacionalista de Lugo, da que se cumpren 100 anos neste 2018, foi recordada por Ana Pontón para pór en destaque a nosa tradición e o noso horizonte.

Tamén tivo palabras para sinalar o reto das eleccións municipais do ano que ven, animando ao conxunto da militancia nacionalista a pórse xa no traballo da súa preparación, e a enfrontalas con ilusión e optimismo e reivindicando a labor que os gobernos municipais do BNG están a desenvolver polo conxunto da nación, coma exemplo de que outras formas de gobernar, transformadoras e ao servizo do pobo, son posíbeis de executar.

Finalmente tivo palabras no seu discurso para lembrar o asasinato de Diana Quer e de todas as vítimas da violencia machista, sinalando que cada ano máis de 5000 mulleres galegas poñen denuncias nos xulgados. “Sabemos que a fin da violencia machista non vai vir polo Código Penal, senón que a resposta está na educación” indicou e advertiu que “as mulleres perdémolo medo e  non imos deixar de camiñar soas polas rúas, nin de noite nin de día”.

A homenaxe a Castelao finalizou cunha ofrenda floral e o canto do himno nacional ante o busto do histórico nacionalista no paseo da Ribeira de Rianxo.

La entrada O nacionalismo homenaxea a Castelao reivindicando o seu ideario e os dereitos nacionais da Galiza se publicó primero en UPG.


Data

Title: O nacionalismo homenaxea a Castelao reivindicando o seu ideario e os dereitos nacionais da Galiza
Link: http://ift.tt/2Dykjy3
Source: UPG
Organization: UPG
Date: January 15, 2018 at 05:39PM

Actions

Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +
Share original with: Twitter | Facebook | Google +

Labels: ,


More articles



Share

Tw
Fb
G+

Translate