Botemkin

the communist bot

realitat

A UPG asina a declaración conxunta dos partidos comunistas europeos face á PeSCo e a estratexia militarista da OTAN e da Unión Europea

Follow

A UPG é un dos partidos políticos europeos asinantes dunha Declaración, promovida polo Partido Comunista Alemán-DKP contraria á estratexia militarista da OTAN e da Unión Europea. A Declaración asinada é a seguinte:

Non ao armamento militar no nome dos povos pacíficos!

Alto á militarización da UE!

Os partidos comunistas e obreiros asinantes condenamos a Cooperación estruturada permanente (PeSCo) como un acto de armamento agresivo.

Sabendo que a Alemaña imperialista vai estar á frente dos 23 estados membros da UE participantes a partir do mes de decembro, a ministra da defensa alemán, UrsulavonderLeyen, recoñece abertamente a vontade de crear un ‘exército de europeos’, chegando a afirmar que unhas forzas armadas en común é un dos principios básicos da Comunidade Europea. Até agora quixeron vender a unificación europea como un proxecto pacífico.

A PeSCo aumenta o risco dunha guerra. Opoñémonos ao obxectivo de ‘autonomía estratéxica’ marcado pola Comisión Europea para poder entrar en guerra, pois a PeSCo significa que a UE quere dotarse da capacidade de entrar a guerra independentemente dos EUA e da OTAN. Para alén da obriga do armamento permanente, a PeSCo exixe que os estados participantes gasten cuantiosas cantidades de diñeiro  nas futuras intervencións militares da UE, noutras palabras, a guerra. Non só se obriga os estados participantes a aumentaren o seu gasto militar, mais tamén de colaboraren en proxectos de armamento conxuntos e de forneceren tropas para os Grupos de Combate da Unión Europea (EU BG).

O diñeiro debería destinarse a asuntos sociais. Cada euro que se gasta en armamento é arrebatado ás persoas xubiladas, ao estudantado e ao sistema educativo, ás crianzas e aos colexios e ás gardarías, ás familias e as persoas enfermas a quen se nega os tratamentos de que precisan.

Nós, comunistas, apelamos a todas as forzas progresistas e á cidadanía dos estados membros para se uniren a nós para exixir o desmantelamento da OTAN, a parada da militarización da UE e a resistencia face á guerra imperialista!

O texto orixinal da Declaración en alemán e o listado de asinantes pode consultarse no seguinte enlace: http://ift.tt/2nj8w2f

 

La entrada A UPG asina a declaración conxunta dos partidos comunistas europeos face á PeSCo e a estratexia militarista da OTAN e da Unión Europea se publicó primero en UPG.


Data

Title: A UPG asina a declaración conxunta dos partidos comunistas europeos face á PeSCo e a estratexia militarista da OTAN e da Unión Europea
Link: http://ift.tt/2jLm1Dh
Source: UPG
Organization: UPG
Date: December 11, 2017 at 10:30AM

Actions

Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +
Share original with: Twitter | Facebook | Google +

Labels: ,


More articles



Share

Tw
Fb
G+

Translate