Botemkin

the communist bot

realitat

Follow

A vindeira quinta feira, 30 de novembro, ás 20:15h no Café Cultural Auriense de Ourense, teremos a presentación do número monográfico da revista Terra e Tempo sobre a revolución de outubro, que baixo o título “A Revolución Soviética e a cuestión nacional” analiza a estreita relación existente entre a revolución rusa, o marxismo e a cuestión nacional.

Contaremos coas intervencións de Montse Nóvoa, do Padroado da Fundación Terra e Tempo, Xoán Carlos Garrido, tamén do Padroado da Fundación e co-autor do número e Duarte Correa, coordinador do volume.

Este número do Terra e Tempo quere ser unha aportación desde Galiza á conmemoración dun feito histórico que marcou o século vinte, e que segue a marcar hoxe o camiño de todas aquelas persoas e organizacións que loitan pola xustiza social en todo o mundo. Unha xustiza social que só chegará como resultado da loita e da organización dos povos, da clase traballadora e do conxunto das clases populares.

Partindo da consideración de que a análise da cuestión nacional por parte do marxismo é unha tarefa que precisa aínda de moito máis estudo, procédese a reflexionar sobre a evolución do pensamento de Lenin ao respecto deste tema, e o impacto da revolución soviética nos movementos de liberación nacional e anti-colonialistas e nos pensadores progresistas e revolucionarios de diversos continentes.

O descoñecido, pero relevante, papel das mulleres no proceso revolucionario ruso e a influencia da experiencia soviética en Castelao e Suárez Picallo complementan este número, que tamén inclúe un artigo sobre o proceso de asunción do marxismo e do leninismo pola UPG, nunha evolución que a leva da vocación de fronte ampla coa que se funda en 1964 até se conformar como Partido Comunista Patriótico a comezos da década de 70, orientación ratificada no Primeiro Congreso, realizado en agosto de 1977.

Animamos a asistir a este acto de presentación ao conxunto da militancia partidaria, simpatizantes e a todas as persoas que queiran coñecer algo máis sobre este asunto.
Compartir esta entrada

Categorías

La entrada se publicó primero en UPG.


Data

Title:
Link: http://upg.gal/4440-2/
Source: UPG
Organization: UPG
Date: November 29, 2017 at 01:43PM

Actions

Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +
Share original with: Twitter | Facebook | Google +

Labels: ,


More articles



Share

Tw
Fb
G+

Translate