Botemkin

the communist bot

realitat

Néstor Rego, Secretario Xeral da UPG, participa no Foro Internacional organizado en Compostela polo IGADI coa Academia de Ciencias Sociais da China

Follow

O próximo 6 de outubro en Santiago de Compostela terá lugar un Foro sobre as oportunidades que representa para Galicia e Europa a iniciativa da Ruta da Seda. A actividade está organizada polo IGADI e a Academia de Ciencias Sociais da China, contando coa colaboración de Casa Asia.

No evento participará o noso Secretario Xeral, Néstor Rego, que moderará un dos catro paneis nos que está dividido o foro e no que tamén participará unha ampla comitiva chinesa integrada por máis de medio cento de especialistas procedentes de diferentes institutos da citada Academia (de Estudos da Información, de Filosofía, Estudos Ambientais e Urbanos), de seccións da Academia de provincias como Shandong ou Jiangsu, de medios de comunicación como o Public Daily, ou das Universidades de Dalian, Guangdong, Chongqing, Nanjing, Anhui, Henan, Xinjiang, Yunnan e Xian.

Por outra banda, participarán tamén especialistas das tres universidades galegas, da Complutense e da Autónoma de Barcelona, entre outros.

Neste 2017, o Foro celébrase igualmente en París e Roma co rótulo común “Foro europeo sobre o modelo de desenvolvemento chinés”.

A ocasión representa unha oportunidade para afondar de primeira man sobre a realidade chinesa actual na véspera do XIX Congreso do Partido Comunista, que se levará a cabo a partir do 18 de outubro en Beijing; tamén para explorar as posibilidades de Galicia en relación ao citado proxecto da Franxa e a Ruta.

A elección de Galicia e Santiago de Compostela como sede do Foro é froito da colaboración de longa data entre o IGADI, nomeadamente o seu Observatorio de la Política China, e a CASS, o principal think tank de China.

Información tirada da páxina do IGADI onde se pode coñecer o programa completo: http://ift.tt/2y4iNDb

La entrada Néstor Rego, Secretario Xeral da UPG, participa no Foro Internacional organizado en Compostela polo IGADI coa Academia de Ciencias Sociais da China se publicó primero en UPG.


Data

Title: Néstor Rego, Secretario Xeral da UPG, participa no Foro Internacional organizado en Compostela polo IGADI coa Academia de Ciencias Sociais da China
Link: http://ift.tt/2gcpDwv
Source: UPG
Organization: UPG
Date: October 01, 2017 at 12:11PM

Actions

Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +
Share original with: Twitter | Facebook | Google +

Labels: ,


More articles



Share

Tw
Fb
G+

Translate