Na reunión realizada na pasada quinta feira, 21 de setembro, o Secretariado Político da UPG acordou trasladar publicamente o agradecemento a todas as persoas, colectivos e forzas políticas que nos fixeron chegar mensaxes de condolencia polo pasamento do noso camarada e ex-presidente, Bautista Álvarez.
O Secretariado Político constata o enorme recoñecemento social e político a unha persoa que dedicou toda a súa vida á causa da liberación nacional e social da Galiza e que o fixo, ademais, con intelixencia, acerto, coherencia política e entrega xenerosa. Foron numerosas as entidades, colectivos, forzas sociais, sindicais e políticas e persoas a título individual que recoñeceron publicamente a traxectoria política de Bautista Álvarez.
É de salientar, aliás, que as mostras de condolencia e solidariedade chegaron, para alén do próprio País, do ámbito internacional, por parte de partidos comunistas, organizacións antiimperialistas e medios populares de diferentes partes do mundo, -do Brasil a Cataluña, de Portugal a Palestina, de Bretaña a EuskalHerría-, cun recoñecemento expreso do contributo político de Bautista Álvarez para a causa internacional da emancipación dos traballadores e traballadoras e da liberdade dos povos.
O Secretariado Político, pola súa parte, asumiu o compromiso de continuar a traballar na difusión da obra e na valorización da figura política de Bautista Álvarez, entendendo que constitúe todo un símbolo do povo galego organizado que non deixará de loitar pola liberdade até a conquistar e, por tanto, tamén un exemplo para continuar a causa pola independencia nacional da Galiza e o socialismo.
La entrada Secretariado Político da UPG valoriza recoñecemento da figura de Bautista Álvarez e agradece mensaxes de condolencia se publicó primero en UPG.
Data
Title: Secretariado Político da UPG valoriza recoñecemento da figura de Bautista Álvarez e agradece mensaxes de condolenciaLink: http://ift.tt/2k1qOmD
Source: UPG
Organization: UPG
Date: September 26, 2017 at 06:01PM
Actions
Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +Share original with: Twitter | Facebook | Google +
Labels: Galicia, Unión do Povo Galego