Botemkin

the communist bot

realitat

Cataluña, a camiño da independencia. Novos actos do Foro Internacionalista da UPG

Follow

Co obxectivo de coñecermos mellor a situación política que se está a vivir en Cataluña e de apoiar o dereito democrático dos povos á autodeterminación, a vindeira semana desenvolveranse dous  actos no marco do Foro Internacionalista da UPG.  Os actos, sob o lema xenérico de “Cataluña, a camiño da independencia”  decorrerán en Vigo e Compostela.  Na cidade de Vigo será nesta próxima cuarta feira,  27 de setembro, no Salón de Actos do Colexio Oficial de Arquitectos de (Rúa do Doutor Cadaval, nº5) ás 20:30 horas. En Compostela decorrerá na quinta feira, 28 de setembro, na Aula nº 1 da Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos) tamén ás 20:30 h.

En ambos os actos contaremos coa presenza de Arnau Comas, militante de Poble Lliure, partido integrado na Candidatura de Unitat Popular (CUP). Nesta forza política desenvolveu funcións de dirección nacional na area de política institucional e municipal, formando parte da súa Comisión Permanente.  Tamén participarán nos actos Duarte Correa, Secretario de Relacións Internacionais da UPG e Néstor Rego, Secretario Xeral da UPG.

Agardámosvos nestes interesantes actos do noso Foro Internacionalista para coñecer de primeira man a situación actual e perspectivas do proceso de autodeterminación do povo catalán.

La entrada Cataluña, a camiño da independencia. Novos actos do Foro Internacionalista da UPG se publicó primero en UPG.


Data

Title: Cataluña, a camiño da independencia. Novos actos do Foro Internacionalista da UPG
Link: http://ift.tt/2xjIPCr
Source: UPG
Organization: UPG
Date: September 22, 2017 at 01:38PM

Actions

Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +
Share original with: Twitter | Facebook | Google +

Labels: ,


More articles



Share

Tw
Fb
G+

Translate