A Unión do Povo Galego (UPG) vai desenvolver os actos públicos de tributo a Xosé Ramón Reboiras Noia o vindeiro 12 de agosto, sábado, baixo o programa que se anexa.
Nestes momentos en que é máis necesario que nunca defender un proxecto político nacionalista, recollemos o exemplo do camarada Moncho Reboiras no traballo de autoorganización do povo galego e proclamamos a nosa fidelidade á causa da independencia nacional da Galiza, á que o noso camarada entregou a súa vida, e convidamos ao conxunto do pobo galego a participar con nós nesta homenaxe.
ACTOS CONMEMORATIVOS:
DODRO.
Cemiterio de Imo.
Ás 12:00h. Ofrenda floral.
FENE.
SCDR O Pote, Maniños. (1)
Ás 14:30h. Xantar popular. (2)
Ás 16:00h. Sobremesa de debate: “Construíndo a soberanía hoxe”
FERROL.
Ás 19:00h. Concentración da Praza de Armas. Saída cara á rúa da Terra onde foi asasinado Moncho Reboiras. Intervención de Iván Ribas, Portavoz do BNG en Ferrol. Ofrenda floral e canto da Internacional.
Ás 19:30h. Intervención Políticas no Cantón.
Sandra Permui (Portavoz municipal do BNG en Fene)
Adrián R. Bravo (Secretario Xeral da UMG)
Néstor Rego (Secretario Xeral da UPG)
Ao remate canto do himno galego.
(1) O lugar do xantar ás 14:30 será nas instalacións da SCDR O Pote de Maniños, o enderezo é O Pombal, Estrada da Palma 217 Maniños, Fene. Anexamos mapas.
(2) O prezo do xantar é de 15 € e será preciso anotarse no correo electrónico upg@upg.gal, indicando o nome das persoas. A data límite para anotarse será o mércores 9 de agosto.
La entrada Tributo a Moncho Reboiras no 42 aniversario do seu asasinato se publicó primero en UPG.
Data
Title: Tributo a Moncho Reboiras no 42 aniversario do seu asasinatoLink: http://ift.tt/2wpi0sj
Source: UPG
Organization: UPG
Date: August 03, 2017 at 05:30PM
Actions
Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +Share original with: Twitter | Facebook | Google +
Labels: Galicia, Unión do Povo Galego