Do 26 de agosto ao 1 de setembro celebrarase na cidade de Bogotá o Congreso Fundacional do novo partido político no que se transformarán as Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia-Exército do Povo (FARC-EP), partido político froito dos acordos de Paz, asinados na Habana o 24 de novembro de 2016 entre a guerrilla e o goberno colombiano.
Neste importante Congreso que supón unha nova etapa na traxectoria revolucionaria de loita dos membros das FARC-EP estarán presentes delegacións de organizacións políticas e sociais de todo o mundo, que coa súa presenza mostran o seu apoio ao proceso de paz e á loita das FARC e da esquerda colombiana.
O noso partido estará presente neste importante congreso por medio do camarada Moncho Boán, membro da Secretaría de RR.II. da UPG, que trasladará aos e ás congresistas o apoio e solidariedade da militancia da UPG e o desexo de que este novo instrumento partidario do que decidiron dotarse, permita avanzar na loita social e política por unha Colombia libre do xugo imperialista, verdadeiramente soberana e na que sexa posíbel rematar coa explotación e avanzar na superación da orde social capitalista e na construción dunha nova sociedade.
La entrada A UPG participa en Colombia no congreso constitutivo do partido político creado polas FARC se publicó primero en UPG.
Data
Title: A UPG participa en Colombia no congreso constitutivo do partido político creado polas FARCLink: http://ift.tt/2wFs2K7
Source: UPG
Organization: UPG
Date: August 25, 2017 at 07:16PM
Actions
Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +Share original with: Twitter | Facebook | Google +
Labels: Galicia, Unión do Povo Galego