Botemkin

the communist bot

realitat

[Vigo] O PCG comeza a súa campaña contra as mortes e lesión nos postos de traballo

Follow

Share

Dende o Partido Comunista de Galicia na localidade de Vigo, lanzamos a campaña #AsasinatosEnPrecario para informar ás traballadoras sobre cales son os seus dereitos no que á saúde no traballo refírese.

Nos últimos meses, contemplamos impotentes como dous traballadores falecían en Vigo e outras tantas traballadoras presentaban lesións debido ao desempeño das súas tarefas en distintos postos de traballo.

Cada vez son máis as persoas que intentando subsistir, perden a vida pola falta de medidas de seguridade en empregos cada vez máis precarios. A ambición da patronal para seguir maximizando beneficios, non só supón incumprimientos flagrantes da lexislación vixente, senón que nos custa a saúde, e ás veces ata a vida.

A Lei de Prevención de Riscos Laborais (LPRL) ten por obxecto promover a seguridade e a saúde dos traballadores e traballadoras mediante a aplicación de medidas e o desenvolvemento das actividades necesarias para a prevención de riscos derivados do traballo.

Durante as próximas semanas, iremos informando sobre os elementos máis importantes desta lei, para que saibades cales son os vosos dereitos e traballar non nos custe a vida.

Share


Data

Title: [Vigo] O PCG comeza a súa campaña contra as mortes e lesión nos postos de traballo
Link: http://ift.tt/2vWqW8S
Source: Partido Comunista de Galicia
Organization: admin
Date: July 31, 2017 at 12:00AM

Actions

Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +
Share original with: Twitter | Facebook | Google +

Labels: , ,


More articles



Share

Tw
Fb
G+

Translate