A UPG mostra unha vez máis o seu total apoio ao povo saharaui en loita polo seu lexítimo dereito a constituír un estado propio nos territorios neste momento ocupados polo estado marroquí;un estado marroquí que vén de demostrar o seu desprezo polos dereitos humanos coas condenas do xuízo farsa que se limitou a oficializar as sentenzas xa decididas anteriormente polo Tribunal Militar, nun xuízo farsa que estivo cheo de irregularidades, denunciadas polos observadores internacionais, ao non estar garantido o dereito de defensa dos acusados.
Con estas sentenzas brutais o estado marroquí quere infundir temor nos milleiros de patriotas que loitan nos territorios ocupados polos seus dereitos e por que dunha vez por todas se cumpran as resoluións das Nacións unidas sobre o último territorio por descolonizar do continente africano, e na súa actuación Marrcos contra con todo o apoion non só dos estados Unidos e de Franza senón tamén de quen foi potencia colonizadora. Os distintos gobernos españois, tanto do PSOE como do PP actuaron e actúan con Marrocos con unha condescendencia cómplice, e non podemos esquecer ademais as excelentes relacións entre a monarquía alauita e a monarquía española.
Sabemos que as sentenzas contra os 24 patriotas do campamento de Gdeim Izik supoñen un golpe para eles, para as súas familias e para os seus achegados pero estamos certos de que o povo saharaui dirixido pola Fronte Polisario será quen de honrar aos 24 de Gdeim Izik convertindo as sentenzas en 24 boomerags que se volvan contra o ocupante e os seus cómplices denunciando a ocupación, as agresións, torturas físicas e síquicas e todas as vulneracións de dereitos humanos levadas a cabo por Marrocos contra o povo saharaui nos territorios ocupados.
Desde Galiza, a UPG chama a redobrar os esforzos solidarios, divulgando a realidade da situación pola que pasa o povo saharaui e reclamando que por unha vez por todas poida exercer o seu lexítimo dereito de autodeterminación, constituíndo un estado independente no seu propio territorio.
Compostela; 20 de xullo de 2017
Secretaría de Relacións Internacionais
La entrada Denunciamos as sentenzas do xuízo farsa contra os 24 patriotas saharauis do campamento da dignidade Gdeim Izik se publicó primero en UPG.
Data
Title: Denunciamos as sentenzas do xuízo farsa contra os 24 patriotas saharauis do campamento da dignidade Gdeim IzikLink: http://ift.tt/2twEGdd
Source: UPG
Organization: UPG
Date: July 21, 2017 at 02:30PM
Actions
Translate original to: En | Es | Fr | De | Pt | Gr | Ca | +Share original with: Twitter | Facebook | Google +
Labels: Galicia, Unión do Povo Galego